Beneficios fiscais
A partir do 1 de xaneiro de 2016 entrou en vigor a modificación da lei 49/2002 de Incentivos Fiscais ao Mecenado. Isto transfórmase nun aumento das deducións por doazón na súa declaración do IRPF que explicamos a continuación.:
Persoas físicas IRPF, base de dedución.
80% para Primeiros 150€ doados a unha ou varias entidades durante o exercicio.
35% para O resto doado.
40% para O resto doado cando se doase á mesma entidade nos dous anos inmediatos anteriores. A doazón debe ser por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do ano anterior”. A base da dedución non poderá exceder ao 10 % da base liquidable.
Persoas xurídicas (impostos de sociedades), base de dedución.
35% Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores non se lle doou á mesma entidade.
40% Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores si se lles doou á mesma entidade.
O resto doado cando se doase á mesma entidade nos dous anos inmediatos anteriores. A doazón debe ser por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do ano anterior”. A base da dedución non poderá exceder o 10 % da base impoñible.
As cantidades NON deducidas NO EXERCICIO poderán aplicarse nos dez anos inmediatos e sucesivos.
Deducións realizadas por non residentes
Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda de non Residentes que operen en territorio español sen establecemento permanente poderán aplicar a dedución prevista para os doadores persoas físicas, nas declaracións que presenten por feitos impoñibles acaecidos no prazo dun ano dende a data do donativo. A base de dedución non poderá exceder do 10 % da base impoñible do conxunto das declaracións presentadas nese prazo. Os contribuíntes deste imposto que operen mediante establecemento permanente poderán aplicar a dedución establecida para os doadores persoas xurídicas.