Voluntariado


A Fundación ONCE ten como misión “contribuír á plena inclusión social das persoas con discapacidade, facendo efectivo o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación”. O voluntariado na Fundación ONCE baséase na participación e implicación dos axentes sociais, institucionais e económicos no obxectivo común da inclusión social da cidadanía con discapacidade.

Os beneficiarios do noso voluntariado serán as persoas con discapacidade que demandan as prestacións e servizos derivados dos programas que se activen.

Os programas incluídos no Plan de Voluntariado da Fundación ONCE son:

  • PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN NOS CENTROS: Facemos eco nos centros, para achegar o concepto de discapacidade, definir as barreiras coas que se atopan os distintos colectivos deste eido; e sobre todo, propoñer conxuntamente ao alumnado que constrúan un pensamento.
  • COLABORACIÓN DA UNIDADE DE VOLUNTARIADO CO MOVEMENTO ASOCIATIVO E EMPRESAS: A Unidade de Voluntariado e Accións Solidarias da Fundación ONCE media, potencia e vincula as empresas con entidades do movemento da discapacidade para que en conxunto poidan desenvolver actividades que beneficien ámbolos ámbitos.
  • PROGRAMA DE COLABORACIÓN CON OUTRAS ÁREAS DA ENTIDADE: A Unidade de Voluntariado e Accións Solidarias participa con outras áreas da Fundación ONCE en accións conxuntas.
  • FORMACIÓN E VOLUNTARIADO: Apoio á inserción laboral das persoas con discapacidade, en particular dos mozos, no marco da xestión do Programa Operativo do Fondo Social Europeo de Loita contra a Discriminación, Programa Xtalento, xestionado pola Fundación ONCE.
  • PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO E APOIO PSICOSOCIAL: Programa de apoio para facilitar unha maior independencia e desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade.