Cargando...

Colabora con la Fundación ONCE

 

...

Como Colaborar

AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE PRECISAN A TÚA AXUDA

Nun 20 % dos fogares españois reside polo menos unha persoa con discapacidade. Porén, e a pesar dos avances logrados nas últimas décadas, as persoas con discapacidade seguen sendo, na súa maioría, un grupo social vulnerable. Experimentan múltiples dificultades e enfróntanse a diversas barreiras para desenvolver a súa vida en igualdade de condicións en aspectos como a educación, a formación, o emprego, a cultura e o ocio...

Todos podemos contribuír a cambiar esta realidade, administracións públicas, entidades privadas e particulares coma TI.

A Fundación ONCE e a Fundación Æquitas queremos facilitarche a túa colaboración, propoñéndote realizar, a través do teu TESTAMENTO, un LEGADO a favor da Fundación ONCE. Ese LEGADO será directamente empregado para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e a das súas familias, por medio do desenvolvemento dos nosos programas e actuacións.

Os beneficiarios potenciais da Fundación son os cidadáns españois con discapacidade, física, intelectual, sensorial ou mental. Iso inclúe un amplo espectro de persoas que se benefician directamente dos programas e proxectos da Fundación ONCE, incluíndo nenos e maiores con distintos tipos de discapacidade así como as súas familias.

 

Herdanzas e legados

 

VANTAXES TRIBUTARIAS

 
 

A parte da herdanza que lle deixes á Fundación ONCE non se verá reducida polos impostos xa que a Fundación non está suxeita ao pagamento do Imposto de Sucesións e Doazóns por tratarse dunha persoa xurídica.

Por outra parte, os ingresos que a Fundación ONCE perciba polo LEGADO que outorgues estarán exentos do imposto de Sociedades por ser unha entidade sen fins lucrativos (Lei 49/2002).

A maioría das normas en materia fiscal son normas en constante evolución adaptándose ás necesidades sociais, económicas ou xurídicas de cada momento. De aí que poñamos á túa disposición para calquera dúbida a Oficina Técnica do Convenio. Consúltanos as túas dúbidas.