Aviso legal

A FUNDACIÓN ONCE constituída por Acordo do Consello Xeral da ONCE, con data 8 de xaneiro de 1988, e aprobada e cualificada polo Ministerio de Asuntos Sociais como entidade de Beneficencia Particular con Carácter Asistencial, entidade domiciliada en Madrid, rúa Sebastián Herrera, nº 15, e con C.I.F. nº G-78661923 é a titular da web colabora.fundaciononce.es

CONDICIÓNS DE USO E ACCESO

colabora.fundaciononce.es Colabora.fundaciononce.es é un portal gratuíto. O acceso ao Sitio Web é gratuíto agás no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polo Usuario.

O presente "Aviso Legal" contén as Condicións de Uso e regula o uso del colabora.fundaciononce.es que a Fundación ONCE pon a disposición dos Usuarios na Internet. O acceso e utilización dos servizos do Sitio Web e dos seus contidos atribúe a condición de Usuario da mesma e implica a aceptación de todas e cada unha das condicións incluídas no presente Aviso Legal, na versión publicada no momento no que se acceda ao mesmo. Pregámoslle, polo tanto, lea detidamente este documento. O Usuario obrígase a facer un uso dilixente do Sitio Web, consonte a Lei e o presente Aviso legal. O Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións nas que se propoña empregar o Sitio Web, posto que as condicións de uso poderán sufrir modificacións.

A Fundación ONCE resérvase o dereito a interromper en calquera momento e sen previo aviso o acceso ao Sitio Web, así como a interromper a prestación de calquera ou de todos os servizos que se prestan a través do mesmo, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de mantemento, por fallos na subministración eléctrica ou por calquera outra causa. A devandita interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo.

OBXECTO

O presente Sitio Web ten por obxecto ofrecer información institucional sobre a Fundación ONCE ONCE e a súa actividade ás persoas, empresas ou outro tipo de organizacións que desexen facer unha doazón a Fundación ONCE á vez de facilitar as canles de contacto que a Fundación pon a disposición do público para pedir información adicional a este respecto ou para facer efectiva unha doazón a favor de Fundación ONCE.

A información, servizos e contidos do sitio Web poderán ser modificados pola Fundación ONCE en calquera momento e sen previo aviso así como o deseño, a presentación ou a configuración do Sitio Web.

A información proporcionada neste Sitio Web está dirixida a complementar e non a substituír o asesoramento que, en todo caso, se debe obter directamente da propia Fundación ONCE no relativo á toma de decisións persoais ou empresariais por parte do Usuario en canto ao obxecto do mesmoo.

As doazóns realizaranse a través dun TPV virtual da entidade bancaria que xestione as mesmas. Fundación ONCE non gardará nin tratará ningún dato bancario nin da tarxeta coa que se efectúen as doazóns.

FORMULARIOS DE RECOLLIDA DE DATOS

A utilización dos servizos on line son completamente libres, pero o acceso a certos servizos ou solicitudes de información engadida á Fundación ONCE estarán condicionadas á completar previamente o correspondente rexistro de Usuario mediante o formulario que se facilitará en cada caso no Sitio Web.

Toda a información que facilite o Usuario a través dos formularios do Sitio Web aos efectos anteriores ou calquera outro deberá ser veraz. A estes efectos, o Usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá actualizada a información facilitada, sendo responsable da información falsa ou inexacta que realice e dos prexuízos que lle cause á Fundación.

INTRODUCIÓN DE LIGAZÓNS AO SITIO WEB

O Usuario da Internet que introduza ligazóns dende as súas propias páxinas ao Sitio Web deberá cumprir coas seguintes condicións:

  • A ligazón unicamente vinculará coa home page ou páxina principal do Sitio Web pero non a poderá reproducir de ningunha forma (copia dos textos, gráficos, etc.).
  • Queda prohibido, de acordo coa lexislación vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan ao Sitio Web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos da Internet distintos aos do Sitio Web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos ao Sitio Web de xeito que:
    • produza, ou puidese producir, erro, confusión ou engano nos Usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos;
    • supoña un acto de comparación ou imitación desleal;
    • sirva para aproveitar a reputación do prestixio da Fundación ONCE ou calquera das persoas ou entidades recollidas no Sitio Web colabora.fundaciononce.es.
    • ou resulte prohibido pola lexislación vixente.
    • O Sitio Web que insira a ligazón non poderá realizar ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre a Fundación ONCE, os seus membros, e en xeral, as persoas ou entidades que aparezan mencionadas no Sitio Web colabora.fundaciononce.es.
    • En ningún caso se expresará no Sitio Web onde se sitúe a ligazón que a Fundación ONCE prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora ou verifica os servizos do autor da ligazón.
    • O Sitio Web que estableza a ligazón cumprirá coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que:
      • sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.);
      • induzan ou poidan inducir no Usuario a falsa concepción de que a Fundación ONCE subscribe, apoia, se adhire ou de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; ou
      • resulten inapropiados coa actividade da Fundación ONCE en relación ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL

A menos que expresamente se indique o contrario, toda a información contida neste Sitio Web (incluíndose, a título enunciativo, textos, imaxes, sons, animacións, gráficos, botóns, programas de ordenador ou bases de datos), así como o deseño gráfico, estrutura de navegación e programación, imaxes, códigos fonte, marcas, nomes comerciais, denominacións, artigos, informes, etc..., están suxeitos aos dereitos de propiedade intelectual e industrial da Fundación ONCE ou de terceiros, e, neste último caso, os terceiros serán identificados.

Independentemente dos usos permitidos consonte as presentes Condicións de Uso ou nos supostos establecidos nos artigos 31 a 34 da Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril), os dereitos de divulgación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación dos contidos desta web corresponde exclusivamente a Fundación ONCE.

Autorízaselles aos usuarios deste sitio web a visualización, reprodución, impresión e descarga parcial do contido da web exclusivamente se concorren as seguintes condicións:

  • Que sexa compatible cos fins da web e que non prexudique a imaxe e bo nome de Fundación ONCE ou das persoas ou entidades mencionadas ou recollidas no Sitio Web colabora.fundaciononce.es
  • Que se realice un uso persoal e privado dos mesmos. Prohíbese expresamente toda explotación ou utilización con fins comerciais ou promocionais.
  • Que se respecten os dereitos de propiedade intelectual ou industrial de Fundación ONCE. En ningún caso permitirase a modificación, total ou parcial, dos devanditos contidos, nin a súa descompilación ou a alteración da súa integridade. En todo caso, deberá incluírse, referíndose a Fundación ONCE, a mención "copyright", ou o seu signo equivalente (©), en calquera divulgación, reprodución, distribución ou comunicación pública dos contidos desta web.

O incumprimento das condicións anteriores constituirá unha actividade ilícita, que poderá dar lugar ás correspondentes sancións civís ou penais consonte á lexislación aplicable.

Baixo ningún suposto, o acceso ao Sitio Web supón a renuncia, transmisión, cesión ou licenza total ou parcial dos devanditos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, nin confire ningún dereito de utilización, tradución, adaptación, alteración, explotación, reprodución, distribución, difusión ou comunicación pública, con fins comerciais, dos devanditos contidos sen a previa e expresa autorización da Fundación ONCE ou do terceiro titular dos dereitos afectados.

O uso de ligazóns ás páxinas internas das webs de Fundación ONCE (deep linking) requirirá o consentimento previo por parte da devandita entidade.

Quedan a salvo os dereitos do Usuario de visualizar e obter unha copia na memoria caché do ordenador do Usuario, como reprodución transitoria e accesoria, sen que en ningún caso estea autorizado para comunicar a mesma a terceiros.

A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.

RESPONSABILIDADE

A Fundación ONCE non será responsable no caso de que existan interrupcións do servizo, demoras, erros ou mal funcionamento do devandito servizo que teñan a súa orixe en causas alleas á mesma ou debidas a unha actuación dolosa ou culposa do Usuario, ou a causa de forza maior. Son causas de forza maior fallos de terceiros, operadores ou compañías de servizos, falta de acceso a redes de terceiros, actos ou omisións das autoridades públicas, actos producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagóns, etc..., e o ataque de Hackers ou terceiros especializados á seguridade ou integridade do sistema informático, sempre que a Fundación adoptase todas as medidas de seguridade existentes de acordo co estado da técnica.

En calquera caso, sexa cal for a súa causa, a Fundación ONCE non asumirá responsabilidade ningunha xa sexa por danos directos ou indirectos, dano emerxente e/ou por lucro cesante. En calquera caso, sexa cal for a súa causa, a Fundación ONCE non asumirá responsabilidade ningunha xa sexa por danos directos ou indirectos, dano emerxente e/ou por lucro cesante.

A Fundación ONCE non se responsabiliza de contidos e opinións de terceiros vertidos no seu Sitio Web nin da información contida nas páxinas Web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do Sitio Web, posto que a función desta é informar o Usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia na Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos neste Sitio Web. Por todo iso, a Fundación ONCE non será responsable do resultado obtido a través das devanditas ligazóns hipertextuais.

Cando se poida acceder a páxinas Web de terceiros a través de buscadores ou ligazóns, a Fundación ONCE actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e só será responsable dos contidos e servizos fornecidos nos sitios enlazados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilexitimidade e non desactivase a ligazón coa dilixencia debida.

En ningún caso a existencia de sitios enlazados debe presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación da Fundación ONCE coas manifestacións, contidos ou servizos providos.

A Fundación ONCE non coñece os contidos e servizos dos sitios enlazados e polo tanto non se fai responsable polos danos producidos pola ilexitimidade, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable á Fundación ONCE.

A Fundación ONCE non se fai responsable da utilización que o Usuario realice dos servizos do Sitio Web nin dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do Sitio Web, infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros.

A Fundación ONCE non se fai responsable dos erros, fallos ou danos, directos ou indirectos, que se lle poidan causar ao sistema informático do usuario (hardware e software), ou aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, que sexan causados ou se deriven de:

  • A capacidade ou calidade do seu sistema informático ou por posibles virus informáticos contraídos polo Usuario a causa da súa navegación no Sitio Web, ou por calquera outro dano derivado desa navegación. Correspóndelle ao Usuario, en todo caso, dispor de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.
  • A súa conexión ou acceso á Internet.
  • Un mal funcionamento do seu navegador, ou polo uso de aplicacións informáticas do usuario cuxas versións non estean actualizadas ou non se obteña a correspondente licenza de usuario.

A Fundación ONCE non ofrece ningunha garantía de ausencia de erros en ningún dos contidos do seu Sitio Web, ademais de non garantir a corrección de calquera defecto ou a ausencia de virus e demais compoñentes daniños no presente Sitio Web ou no seu Servidor.

O Usuario responderá fronte á Fundación ONCE de calquera dano e prexuízo que se lle puidesen causar como consecuencia do incumprimento das condicións de uso do Sitio Web e demais obrigas establecidas no presente Aviso Legal.

PROTECCIÓN DE DATOS E PRIVACIDADE

Os datos recadados, conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, no presente formulario serán incluídos nun ficheiro inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos cuxo responsable é á Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social de Persoas con Discapacidade, (en adiante "Responsable do Ficheiro") con CIF nº G-78661923.

A finalidade desta compilación de datos de carácter persoal é a creación dunha base de datos coa información de persoas e entidades que desexen facer doazóns ao Responsable do Ficheiro ou recibir información ao respecto.

Poderá exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (sempre de acordo cos supostos establecidos pola lexislación vixente) dirixíndose a Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social de Persoas con Discapacidade, rúa Sebastián Herrera, 15. 28012 - Madrid indicando na comunicación a referencia "LOPD" e achegando a fotocopia do seu D.N.I. A devandita información será gardada e xestionada por Fundación ONCE coa debida confidencialidade, aplicando as medidas de seguridade informática establecidas na lexislación aplicable para impedir o acceso ou uso indebido dos seus datos, a súa manipulación, deterioro ou perda.

Os datos que nos proporcione poderán ser utilizados para mantelo informado por diversas canles de comunicación sobre cuestións relativas á nosa actividade

A Fundación ONCE adopta os niveis de seguridade requiridos polo Regulamento de Medidas de Seguridade aprobado polo Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, é dicir, as medidas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos persoais, habida conta en todo momento do estado da tecnoloxía. Non obstante o anterior, as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnables e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes Condicións de Uso rexeranse e interpretaranse conforme á lexislación española naquilo que non estea expresamente establecido.

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Sitio Web rexe a lexislación española sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Sitio Web, os Xulgados e Tribunais de Madrid (España).

ANÁLISE WEB (GOOGLE ANALYTICS)

Este sitio web emprega Google Analytics, un servizo de Google Inc. (1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, CA 94043 Estados Unidos). Google Analytics é un servizo de análise web que emprega cookies para analizar o uso que fai o visitante dun sitio web. Estas cookies serven para almacenar información do visitante, como a hora á que se produce unha visita, se o visitante accedeu ao sitio web con anterioridade e de que outro sitio web procede o usuario cando visita este sitio.

A información xerada acerca do uso que fai deste sitio web envíase a Estados Unidos, onde é almacenada por Google. Medtronic emprega a opción de despersonalizar o enderezo IP, o que fai tecnicamente imposible facer un seguimento individual do mesmo.

Google emprega esta información para avaliar o seu uso do sitio web, elaborar informes sobre as actividades do propio sitio e ofrecer outros servizos relativos ao uso do sitio e da Internet. Google non asocia o seu enderezo IP con outros datos almacenados por Google.

A Política de Privacidade de Google amosa o tratamento de información persoal que fai Google cando se empregan os seus produtos e servizos, incluíndo Google Analytics.

Ademais de rexeitar o uso de cookies a través do seu navegador, vostede pode ademais configurar no seu navegador a Extensión Opt-out de Google Analytics. Esta evita que Google Analytics almacene información sobre as súas visitas a páxinas web.