Cargando...

Colabora con la Fundación ONCE

...

#GivingTuesday Nenos con Cancro

O Encontro Nacional de Adolescentes con Cancro é unha das actividades centrais do Programa de Atención Integral a Adolescentes con Cancro que desenvolve NENOS CON CANCRO dende o ano 2002 e que beneficiou a máis de 750 adolescentes. O seu principal obxectivo é motivar a autonomía, a autoestima e a integración social destes adolescentes que pasaron pola enfermidade a través de 12 días de encontro e convivencia.

O Encontro está baseado nunha terapia psicosocial dirixida a adolescentes con cancro na que os profesionais das Asociacións de NENOS CON CANCRO traballan durante todo o ano. Dende NENOS CON CANCRO queremos que os nosos menores teñan un papel activo no seu día a día, adquirindo condutas que faciliten e normalicen o seu desenvolvemento como adolescentes, algo que lograremos grazas aos beneficios recadados con #GivingTuesday.

Coas túas doazóns poderemos chegar aos 10.000 euros para sufragar os gastos de 20 adolescentes e que nos poidan acompañar á vindeira edición 2017 que se celebrará no mes de xuño. Colabora! Comparte este proxecto co hashtag #GivingTuesday..

Coas túas doazóns queremos chegar a 5.000 euros para que 10 rapaces/as poidan participar na vindeira edición do Encontro Nacional de Adolescentes con cancro que se celebrará en xuño de 2017. Colabora! Comparte este proxecto co hashtag #GivingTuesday.

Ti podes axudarnos a facerlle fronte ao cancro adolescente!

Coa túa axuda, farémoslle fronte ao cancro adolescente!

 

Campaña pechada


Outras campañas solidarias