Historias gracias a tu donación


Marta, carreira de fondo para acadar os seus obxectivos, emprego, accesibilidade, COLABORAR coa Fundación ONCE

Marta, carreira de fondo para conseguir as súas metas

O día a día de Marta é unha carreira de obstáculos. A falta de osíxeno durante o parto provocoulle unha lesión cerebral que limita a mobilidade das súas pernas. Dende entón, as muletas son as súas compañeiras de viaxe e a cidade o labirinto que sortear cotiamente. Unha beirarrúa sen bordo rebaixado, un autobús sen plataforma móbil, unha estación de metro sen ascensor, limitan o desenvolvemento normal da vida de Marta.

A pesar das barreiras, Marta rematou os seus estudos primarios e universitarios en Canarias, e realizou un MBA na Universidade Autónoma de Madrid grazas á axuda de FSC Inserta, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Na actualidade, traballa no departamento de Recursos Públicos de ILUNION. Marta desenvólvese como unha traballadora máis. A súa cadeira do despacho é unha cadeira de oficina convencional con rodas e nunha mochila traslada a documentación, cando se despraza coas súas muletas.

 


Outras historias