Aviso legal calculadora
MÁIS INFORMACIÓN E AVISO LEGAL:
Nin o simulador nin a información de índole fiscal que se recolle na presente nota informativa constitúen asesoramento fiscal profesional, sendo responsabilidade exclusiva do usuario analizar a súa situación fiscal concreta e as consecuencias de orde tributaria que se deriven do feito de realizar doazóns a favor de Fundación ONCE.
Con data do 1 de xaneiro de 2015, entrou en vigor a reforma fiscal aprobada por Lei 27/2014 do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, que establece incrementos nos tipos de dedución aplicables ás doazóns realizadas a Fundación ONCE segundo a normativa aplicable recollida na Lei 49/2002 do 23 de decembro de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
-
1. Persoas físicas:
Os incrementos nas deducións por doazón para persoas físicas son:
- Incremento do 25% ao 75% para os primeiros 150 euros, establecéndose para o 2015 unha porcentaxe transitoria do 50%.
- Incremento do 25% ao 30%, para o exceso sobre os primeiros 150 euros, establecéndose para o 2015 unha porcentaxe transitoria do 27,5%.
- A última porcentaxe incrementará do 30% ao 35% cando se realicen doazóns á mesma entidade durante 3 anos consecutivos, por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, establecéndose para o 2015 unha porcentaxe transitoria do 32,5%
-
2. Persoas xurídicas:
Os tipos de dedución no Imposto sobre Sociedades mantéñense igual, modificándose só no caso de que se realicen doazóns á mesma entidade durante 3 anos consecutivos, por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, pasando do 35% ao 40%, establecéndose para o 2015 unha porcentaxe transitoria do 37,5%.
Observacións:
- A reforma só aplica ás persoas físicas e xurídicas residentes en territorio común, non sendo aplicable en País Vasco e Navarra. As Facendas Forais de Álava, Biscaia, Guipúscoa e Navarra establecerán as porcentaxes de dedución aplicables a partir de 2015 ás persoas físicas e xurídicas que teñan o seu domicilio fiscal nos devanditos territorios.
- A base da dedución, que no caso de doazóns monetarias coincide co importe doado, non poderá superar o 10 % da base liquidable (no caso de persoas físicas) ou da base impoñible (no caso de persoas xurídicas)".
- O simulador non contempla no cálculo os incrementos de dedución por recorrencia durante polo menos tres anos.
- O simulador non inclúe o suposto de recorrencia por canto faría máis complexa a súa utilización por parte do usuario.
- A Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 outorgou a condición de Actividades Prioritarias de Mecenado ás actividades levadas a cabo por Fundación ONCE no marco do Programa de Bolsas "Oportunidade ao Talento", así como as actividades culturais desenvolvidas no marco da Bienal de Arte Contemporánea, o Espazo Cultural "Cambio de Sentido"e a Exposición itinerante "O Mundo Flúe". As doazóns destinadas a estas actividades contarán cun incremento do 5% na porcentaxe de dedución e nos límites comentados. O simulador non establece esta posibilidade pola súa excepcionalidade temporal.