Accesibilidade
O obxectivo de Colabora é que todas as persoas, independentemente de ter unha discapacidade, da idade ou de acceder á web dende tecnoloxías pouco convencionais, poidan navegar polas páxinas deste sitio web sen atopar dificultades de acceso.
A tal fin, o desenvolvemento de colabora.fundaciononce.es baseouse no cumprimento das Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web 1.0 establecidas polo W3C (Consorcio da World Wide Web).
![]()
Algunhas das funcionalidades implantadas en Colabora para permitirlle acceder a todos os contidos da web con maior facilidade son:
As características visuais do portal (tipo de letra, cor de fonte e fondo, etc.) defínense mediante a folla de estilos para que o usuario poida axustar o texto ás súas preferencias. Os tamaños das fontes definíronse con unidades relativas para que poida ampliar ou diminuír o tamaño da fonte dende as opcións do navegador.
Se un usuario accede a Colabora cun navegador que non soporta folla de estilos, non suporá unha dificultade, xa que de igual xeito pódese acceder a todos os contidos coa CSS desactivada. As páxinas teñen unha estrutura clara tanto para o usuario que pode ver todo o contido, como para o que le a información cun lector de pantalla, usuarios que desactivan a folla de estilos, etc. Baixo este obxectivo, definíronse mediante o código HTML os encabezados de sección, as listas e todos os elementos que axudan á comprensión xeral do sitio web. O código HTML e CSS empregado axústase ás gramáticas formais para garantir a correcta visualización dos contidos en distintos navegadores.
![]()
![]()
LGD
Herdanzas
Nómina de solidariedade
Desexo facer
Chámanos
Os nosos