Historias gracias a tu donación
Marta, carreira de fondo para conseguir as súas metas
O día a día de Marta é unha carreira de obstáculos. A falta de osíxeno durante o parto provocoulle unha lesión cerebral que limita a mobilidade das súas pernas. Dende entón, as muletas son as súas compañeiras de viaxe e a cidade o labirinto que sortear cotiamente. Unha beirarrúa sen bordo rebaixado, un autobús sen plataforma móbil, unha estación de metro sen ascensor, limitan o desenvolvemento normal da vida de Marta.
A pesar das barreiras, Marta rematou os seus estudos primarios e universitarios en Canarias, e realizou un MBA na Universidade Autónoma de Madrid grazas á axuda de FSC Inserta, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Na actualidade, traballa no departamento de Recursos Públicos de ILUNION. Marta desenvólvese como unha traballadora máis. A súa cadeira do despacho é unha cadeira de oficina convencional con rodas e nunha mochila traslada a documentación, cando se despraza coas súas muletas.
Outras historias
@name, visualizando página 1 de 1
Pedro, a formación o seu mellor aliado.
Pedro Arroyo, que naceu con discapacidade intelectual, tivo que someterse a cirurxía aos 8 anos de idade para colocar…
José Luis, escoitar dende o corazón
José Luis Cánovas tiña cinco anos o primeiro día que o seu pai o chamou e non se deu a volta. Non era…
Natalia, as novas tecnoloxías
Natalia ten unha discapacidade intelectual e traballa no…