Que hacemos

ESPAZO DCA: CONECTANDO PERSOAS, COÑECENDO O DANO CEREBRAL

Sabías que en España viven 420.000 persoas con dano cerebral? E que cada ano se dan 104.071 novos casos desta discapacidade, sendo o ictus a primeira causa de dano cerebral no noso país?

FEDACE é a Federación Española de Dano Cerebral. Familias e persoas con dano cerebral que defenden os seus dereitos para mellorar a calidade de vida e participar na sociedade.

Por iso FEDACE impulsa o Espazo DCA, un proxecto onde persoas como Pedro, Araceli ou Paco crean unha comunidade de blogs para achegarse a persoas coma ti. No Espazo DCA contan as súas historias, aprenden a navegar pola Internet e teñen a oportunidade de coñecer outras persoas con dano cerebral.

En que investiremos os 3.000€ recadados? Na realización dun taller sobre xestión de blogs e perfís en redes sociais para persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA). Os participantes no taller editarán o seu blog persoal e coñecerán a persoas con DCA de todo o país a través da participación en videoconferencias e o desenvolvemento de proxectos colaborativos.

COLABORA con Fundación ONCE. As túas doazóns farán que o Espazo DCA se poida realizar un ano máis e que as persoas con DCA poidan seguir contando as súas historias de vida.

 

Campaña pechada

Outras Campañas de Solidariedade

  • EcaTIC é un proxecto que desenvolve aplicacións sobre tablets, que ten como obxectivo aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías...
    Language: Galician
  • O audiófono é unha prótese externa que, a través dun micrófono, capta o son da contorna e da fala, procésao e amplifícao adaptado ás características...
    Language: Galician
  • O Programa de “Bolsas Oportunidade ao Talento” é una aposta da Fundación ONCE polo fomento da educación inclusiva. Estas becas buscan…
    Language: Galician
  • Language: Galician