Que hacemos

AUDIÓFONOS: UN MUNDO SEN BARREIRAS
O audiófono é unha prótese externa que, a través dun micrófono, capta o son da contorna e da fala, procésao e amplifícao adaptado ás características da perda auditiva de cada usuario.
Permítelle á persoa con discapacidade auditiva acceder á información e ao coñecemento e beneficiarse doutras axudas técnicas auxiliares. Todo iso favorece a súa autonomía e inclusión en todos os ámbitos.
Raquel ten unha discapacidade auditiva, traballa na Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid e grazas ao audiófono desenvolve con normalidade o seu traballo.
Cantos audiófonos conseguiremos con estes 3.000 euros? Poderemos axudar a un adulto a adquirir un audiófono.
COLABORA con Fundación ONCE. As túas doazóns contribuirán a facer un presente máis doado e conseguir un futuro mellor para os homes e mulleres con discapacidade.