Mayor legado

Preguntas Frecuentes

  • Se nalgún momento cambio de opinión, podo modificar o meu testamento?

    Si, o testamento ou última vontade pódese cambiar tantas veces como queiras.

  • Canto me custaría cada vez?

    No Testamento Aberto Notarial, o prezo actual achégase aos 60 euros cando non supere os 2-3 folios (que adoitan ser a maioría dos casos).

  • Unha vez faga un legado que podo facer cos bens e dereitos legados?

    Ademais de poder cambiar o testamento tantas veces como queiras e cando o desexes, tes plena liberdade para gozar dos bens e dereitos legados ata o momento do falecemento: poderás vendelos, hipotecalos, doalos, etc., sen necesidade de notificalo, xa que seguen a ser parte do teu patrimonio.

  • Por que facer un legado e non unha doazón tras o falecemento?

    Facer un legado non é incompatible con realizar unha doazón. Ambas as dúas opcións permiten colaborar con quen máis nos necesita.

    A principal diferenza radica en que cando se realiza un legado, o testador non se desprende dos seus bens ou dereitos ata o seu falecemento. Mentres que a doazón faise efectiva no momento de adquirir o compromiso coa organización. Isto sucede tanto nas doazóns intervivos (nas que o donatario adquire ou goza do ben ou dereito doado estando o doador aínda vivo), coma se se trata dunha doazón mortis causa (nas que se establece que o ben ou dereito non pasará ao donatario ata o falecemento do doador, pero o doador non é libre de facer cos bens ou dereitos o que queira, aínda cando siga sendo dono ou titular dos mesmos ata o seu falecemento). Sen dúbida, o legado ten ao seu favor que o titular ademais de non ter que se desprender do ben ou dereito ata o seu falecemento, no caso de precisar do obxecto que se lega en vida, pode dispor do ben ou dereito con plena liberdade.

  • Podo facer un legado, sen prexudicar os meus familiares e ao mesmo tempo premiar a xenerosidade de quen me coida?

    Por suposto. A lexislación española garante a protección da parte da herdanza á que teñen dereito os herdeiros forzosos: cónxuxe, fillos, netos, etc. Iso non impide que poidas legar a favor de persoas alleas á familia, se ese é o teu desexo.