Trátase dunha modalidade de colaboración entre unha empresa privada, os seus empregados e unha entidade non lucrativa.

Denomínase “redondeo de nómina” porque unha das opcións máis habituais é que os empregados que así o desexen doen os céntimos das súas retribucións ata que estas queden en números enteiros. Por exemplo, se un empregado é remunerado con 1.453,65€ podería, voluntariamente, doar os 65 céntimos de euro. Porén, tamén hai empresas que lles ofrecen aos seus empregados a posibilidade de doar outras cantidades que non correspondan exactamente cos céntimos das súas nóminas. Nese mesmo exemplo, o empregado podería doar, 3,35€ para redondear a súa nómina á decena.

Pola súa parte, a empresa pode optar unicamente por xestionar a recadación das nóminas dos seus empregados ou por dobrar a cantidade recadada cando chegue o momento de realizar a doazón. O que se coñece como “matching gift”. Esta opción de dobrar a achega dos empregados representa un elemento motivador e xerador de orgullo de pertenza dentro da organización.

A suma de todas as doazóns recadadas destínanse a un proxecto dunha ONG/Fundación que os empregados seleccionaron previamente a través dunha votación; outra modalidade é que sexan varios proxectos solidarios os que se beneficien.

Un programa de redondeo de nómina ofrece unha magnífica oportunidade de xerar e compartir valores positivos tanto dentro como fóra da empresa. Trátase ademais dunha canle para que as persoas que conforman a empresa poidan construír nunha experiencia solidaria xuntos e expresar a súa humanidade.

Dende Fundación ONCE podemos axudar á túa empresa ao deseño e implantación desta iniciativa. Se precisas máis información podes pórte en contacto connosco a través de: