Cargando...

Colabora con la Fundación ONCE

...

#GivingTuesday Amasando o seu futuro

Fundación ONCE América Latina (FOAL)

As mans destes rapaces e rapazas de El Callao, en Perú, serven para moito máis que para asir obxectos, agarrarse ou aloumiñar. Son 15 persoas con cegueira e xordocegueira para as que as súas mans constitúen o modo de acceder á lectura, de coñecer como son as cousas e, mesmo de comunicarse cos demais.

Agora estanse formando en panadaría e repostaría, convertendo as súas mans na súa principal ferramenta, tamén no traballo. Mentres aprenden, van ilusionándose e trazando o xeito no que esta formación lles pode abrir portas ao mercado laboral, nun país no que só 15 de cada 100 persoas con discapacidade teñen traballo. Con ese panorama por diante, o autoemprego é a saída máis factible e xa plasmaron a súa idea nun plan de negocio encamiñado a elaborar “bocadiños” para catering de eventos empresariais, de entidades públicas, etc.

Apoialos na posta en marcha do seu negocio é darlles unha oportunidade de saír adiante, de que logren a súa independencia económica, de que ademais de ser capaces, se sintan e os vexan capaces.


Campaña pechada


Outras campañas solidarias