Cargando...

Colabora con la Fundación ONCE

...

FEDER

María e Amparo son dúas nais que non teñen nin dez minutos para tomar un café cos amigos.

María ten dous fillos, un deles padece lipodistrofia, unha enfermidade rara cunha discapacidade moi grave, o seu pequeno precisa unha sonda para alimentarse, e un respirador, isto supón unha vixilancia de 24 horas para que o neno non se afogue.

Amparo vai de consulta en consulta sen que os médicos logren diagnosticar a súa filla, mentres tanto queda embarazada dun bebé coa mesma enfermidade. A súa parella non quere saber nada de todo isto. Todos precisamos algo de tempo para nós mesmos, axúdanos a concederlles un respiro.

Coa túa colaboración, conseguiremos 3.000€ que nos axudarán a ofrecer 40 talleres distribuídos por todo o país para que persoas, como María e Amparo, poidan dispor duns minutos de tranquilidade. Colabora con Fundación ONCE e FEDER. As túas doazóns contribuirán a facer un presente máis doado e un futuro mellor para as familias con enfermidades pouco frecuentes.

 

Campaña pechada


Outras campañas solidarias