AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE PRECISAN A TÚA AXUDA

Nun 20 % dos fogares españois reside polo menos unha persoa con discapacidade. Porén, e a pesar dos avances logrados nas últimas décadas, as persoas con discapacidade seguen sendo, na súa maioría, un grupo social vulnerable. Experimentan múltiples dificultades e enfróntanse a diversas barreiras para desenvolver a súa vida en igualdade de condicións en aspectos como a educación, a formación, o emprego, a cultura e o ocio...

Todos podemos contribuír a cambiar esta realidade, administracións públicas, entidades privadas e particulares coma TI.

A Fundación ONCE e a Fundación Æquitas queremos facilitarche a túa colaboración, propoñéndote realizar, a través do teu TESTAMENTO, un LEGADO a favor da Fundación ONCE. Ese LEGADO será directamente empregado para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e a das súas familias, por medio do desenvolvemento dos nosos programas e actuacións.

Os beneficiarios potenciais da Fundación son os cidadáns españois con discapacidade, física, intelectual, sensorial ou mental. Iso inclúe un amplo espectro de persoas que se benefician directamente dos programas e proxectos da Fundación ONCE, incluíndo nenos e maiores con distintos tipos de discapacidade así como as súas familias.

COMO PODES AXUDAR

  1. Fai un LEGADO no teu testamento
  2. Acude a un notario co teu DNI
  3. Facilita os datos de FUNDACIÓN ONCE

Rúa Sebastián Herrera 15, 28012 Madrid e cuxo CIF é G78661923